Este curso invitamos a toda a comunidade escolar a sacarse unha foto imitando o cadro dunha muller lendo. Dende a biblioteca aportamos algunhas ideas e contamos coa participación de varios profesores e profesoras. Por mor do protocolo covid-19 non fixemos unha exposición física das fotos pero realizamos unha presentación con música que expuxemos en todas as clases durante os días 25, 26 e 27 de novembro.
Esta foi a presentación.
Despois da visualización desta presentación, o alumnado e o resto da comunidade están quedaron invitados a presentar a súa foto durante os próximos meses coa fin de expoñela nunha presentación que terá lugar o 8 de marzo.
Invitación ao alumnado e resto da comunidade escolar a participar na gran exposición do 8 de marzo.
Mostramos no vídeo a exposición de libros sobre feminismo que se deron a coñecer na biblioteca durante esta semana. Vemos a importancia deste tipo de exposicións para divulgar os fondos que normalmente están na estantería e non teñen tanta visibilidade. Estes exemplares suelen moverse gracias ás exposicións.